Se queres aventura...¡Lánzate a lectura!
1- 2º de Primaria
Ola a todos/as!
Neste apartado vamos a falarvos sobre as diferentes actividades que se poden empregar nas aulas de primeiro e segundo de primaria. Estarán ordenadas por dificultade, empezando pola máis sinxela, a que se emprega para os máis pequenos/as do colexio.
Para comezar, vos vamos a falar dunha actividade que consiste en relacionar unha serie de imaxes que teñen relación con algún conto que seguramente coñezades e en caso contrario podedes traballar e ler estos contos na aula ou na casa antes de realizar a actividade, en difinitiva os nenos e nenas terán que relacionar a imaxe co título do conto.
Para crear esta actividade, utilizamos Edilim, unha ferramenta moi útil que se utiliza en moitos centros de primaria. Para empregala hai que descargar un pequeno arquivo e nun principio pode ser difícil de utilizar, pero unha vez lle colles o truco, é moi sinxela!
Como non é posible realizar a actividade, vos deixamos un enlace a páxina de Edilim para descargala.
Veña, animádevos queridos/as docentes a empregar esta ferramenta para propoñerlle xogos aos máis pequenos/as!
Seguidamente, a seguinte actividade que vos vamos a mostrar é un cuestionario, que tamén trata sobre contos moi coñecidos, nel aparecen unha serie de preguntas con tres posibles opcións de resposta. Dependendo da resposta que marques, terás unha puntuación ou outra, todo depende de se acertas ou non.
A ferramenta utilizada foi Quizbuilder.
Calquer dúbida , consultarnos sen problema!
Esperamos que vos gusten e vos sexan útiles!
Aquí un pequeno dicionario de conceptos que encontraredes ao longo desta aventura!
1º. Qué son os contos?
Os contos son textos escritos por un/unha autor/a ou varios/as autores/as que narran unha historia a través duns personaxes ao que lles sucenden feitos nun lugar e espazo determinados. Poden transmitirse de forma oral ou escrita.
2º. Qué son os valores?
Son aqueles principios, virtudes ou cualidades que caracterizan a unha persoa,acción ou obxecto que se consideran normalmente positivos ou de gran importancia para un grupo social.
Exemplos: tolerancia, amizade, respeto, igualdade,bondade, amor, paz,solidariedade,entre outros.
3º. Qué son os contravalores?
Podemos decir que os contravalores son o contrario dos valores, son aqueles valores negativos.
Por exemplo: a mentira,a maldade, o odio, a inxustiza,entre outros.
4º. Qué son as lendas?
Narración popular que conta un feito real ou fabuloso adornado con elementos fantásticos ou maravillosos do folclore, que no seu orixe trasmítese de forma oral.