top of page

5º- 6º de Primaria

Os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria son os máis maiores do colexio e por suposto tamén creamos diferentes actividades para que traballen con elas, as cales atoparades nesta entrada por orden de dificultade, desde as máis sinxelas a máis complexas. No caso dos nenos e nenas de sexto de primaria só temos unha actividade para eles pero eles serán os primeiros en ler un conto innovador creado por nos. 
teacher-3765909_1280.jpg
5º de Primaria
6º de Primaria
Sopa de letras

Ten 11 palabras , e con ela traballamos os valores na aula, algo moi importante xa que un/unha docente por moito que non queira sempre vai educar en valores positivos ou negativos. Se educamos os nenos e nenas en valores conseguiremos que sexan uns futuros cidadáns  que loiten por unha sociedade máis xusta e en igualdade.

Completa a lenda

Titúlase " Repasando a peza de roupa negra". Antes de realizar a actividade é recomendable explicar a lenda na clase para que os nenos e nenas sepan de que vai e sepan completala (aínda así, no noso dicionario podedes ver o que son, tedes o botón que vos leva directamente en forma de libro). Con esta lenda practicamos a lectura e tamén aprendemos un pouco da nosa historia, en este caso aprenderemos sobre as nosas lendas galegas.

Relacionar

É unha actividade na que tes que relacionar diferentes valores, cos seus sinónimos. Non ten límite de tempo, e tes que unir as palabras mediante frechas. Se o fas correctamente, as frechas cambian a cor verde e pola contra, se erras, cambiase a frecha a cor vermello.

A ferramenta empregada é educaplay.
 

Voa voa anduriña!

Con Calaméo fixemos un conto con actividades ao final , que servirán para que os nenos e nenas traballen o conto e aclaren as súas dúbidas sobre el. Este conto podemos dicir que é un conto Queer e traballamos diferentes valores ademais da transexualidade, entre estos valores están a valentía, a amizade, a igualdade, entre outros. O conto trata a historia dunha nena de 9 anos que ten uns gustos peculiares e vai ter que mudarse por motivos laborais do seu pai. A partir dese momento comeza a gran aventura de Anduriña, terá que superar grandes problemas no seu camiño na nova cidade ata chegar a ser a nen@ feliz e libre que quere ser. A qué esperades a ler  " Voa Voa Anduriña"?

Ademáis con este conto tamén vades practicando a vosa capacidade e compresión lectora e aprenderedes e viviredes a historia coa protagonista.

Espero que vos guste, xa me contaredes!

sopa de letras.PNG
lenda.PNG
Captura 54545.PNG

Se queres aventura... Lánzate a lectura!

Nesta Web traballaredes diferentes competencias e obxectivos do currículum de Ed. Primaria : 

  1. Competencia en Comunicación Lingüística.

  2. Competencia  Dixital.

  3. Competencia de Aprender a Aprender.

  4. Competencias Sociais e Cívicas

Grazas pola túa mensaxe!

bottom of page