top of page

A educación é a arma máis poderosa para cambiar o mundo

- Nelson Mandela 

abc-3523454_1280.jpg
3º de Primaria​: Escribe o que falta.

Esta actividade trátase dunha folla imprimible, na que os nenos/as teñen que completar coas letras que faltan, é un recurso moi bo para traballar a ortografía. Ademáis, o que van a completar é un texto, que fai referencia aos valores da amabilidade e cortesía principalmente, xa que che ensina que sempre hai que dicir "Por favor" e "Grazas". 

A ferramenta utilizada para crear está actividade foi Olesur e trátase dunha ferramenta moi boa para poder  crear fichas imprimibles e para utilizar na clase. Ademáis, non só hai recursos de ortografía, senón que os profesores e profesoras tedes oportunidade de crear moitos outros tipos de actividades, como pode ser para a materia de matemáticas.

Captura.PNG

Actividade: Tipos de Contos.
Nesta actividade tes que meter cada conto, na súa categoría correspondente. Se non acertas, non che deixa meter o conto na caixa adecuada e ademáis a porcentaxe de puntuación baixa. É unha actividade sinxela e rápida de facer.

Esta actividade, creouse con Kubbu,  unha ferramenta que está en inglés, pero é moi sinxela de utilizar, tes que facer unha conta, xa sea como estudante ou como profesor/a. É unha maneira de crear actividades como docente, de calquera temática, para que o propio alumnado faga actividades interactivas.

Captura.PNG
Crucigrama

Trátase dunha actividade na que os nenos e nenas teñen unha pista, e basándose na explicación, teñen que adiviñar o título do conto. Foi feita con Educaplay, trátase dunha ferramenta moi útil para traballar actividades interactivas nas aulas de primaria para que desta maneira, os alumnos/as de primaria poidan aprender dun xeito máis divertido e dinámico e non de forma tradicional. 

crucigrama leti.PNG

4º de Primaria: Dominó dos contos.

Esta actividade trátase dun dominó, ao entrar no enlace, aparecen primeiramente as instruccións, e posteriormente, aparecen dous opcións, hai que darlle á inferior, a que pon "solve". 

 

O dominó consiste en que hai fichas, que están divididas á metade, no xogo clásico, nunha metade aparece un número, ou unha imaxe, e tes que facer parellas coa que teña a mesma imaxe/número, de maneira que a finalidade é quedarte sin fichas antes cós demáis. Neste dominó, xógase igual, só que non xogas con outras persoas, e finalidade e completar os títulos dos contos; de maneira que a letra en vermello e o principio do título do conto, e a letra en negro, a continuación.

dominó.PNG

Póster

É un póster interactivo no que se aporta información sobre os diferentes autores e autoras galegos/as máis destacados, para que deste xeito, o alumnado os coñeza, xa que ademáis tamén ten unha breve biografía de cada un/unha deles/as

A ferramenta empregada foi Glogster, unha páxina mi completa con múltiples ferramentas para poder aplicala na creación de pósters ou mesmo outros recursos interactivos. Para poder visualizalo correctamente, tedes que clicar enriba del e accededes directamente ao póster.

poster leti.PNG
Pasapalabra

Con Educaplay tamén creamos un pasapalabra que trata un amplio abanico de contos tradicionais e películas co seu nome en galego , con este pasapalabra recordamos un pouco de todos os contos e películas que seguramente teñades visto desde Alicia do país das marabillas ata os sete cabritiños, entre outros. Esperamos que vos sexa útil e divertido para facer un pequeno viaxe a esos contos e películas que teredes que averiguar. Tamén debedes de saber que tedes un número de intentos e un tempo límite pero xa veredes que é moi fácil!

pasapalabra.PNG
bottom of page